NOTA: podedes atopar o Packet Tracer aquí.
Imos crear unha rede simple, formada por dous equipos, mandar un ping dun deles ó outro e analizar o formato das tramas enviadas.
Ao facer a simulación do envío de ping dun equipo ó outro, vai mandar 2 paquetes, un ARP e un ICMP.
1. ¿Que campos da trama se representan no Packet Tracer?
Preámbulo , Enderezo MAC de Destino , Enderezo MAC de Orixe , Tipo de Trama , Datos , FCS
Ó que lle chamamos Datos é realmente a información que nós queremos enviar, o resto son encabezados engadidos para que o sistema saiba o que facer con eses datos.
2. ¿Que tipo de trama utiliza por defecto o Packet Tracer? ¿Ethernet ou IEEE 802.3?
Ethernet.
3. Identifica o código do campo Tipo de Trama para unha trama ARP:
A trama ARP ten un código de Tipo 0x806.
4. Identifica o código do campo Tipo de Trama para unha trama ICMP:
A trama ICMP ten un código de Tipo 0x800.
No hay comentarios:
Publicar un comentario