miércoles, 23 de enero de 2013

Protocolo CSMA/CD de acceso a un medio compartido

Cando varios equipos comparten un medio físico de transmisión hai que establecer unha orde ou prioridade de envío para evitar colisións (unha colisión é a presencia de máis dun sinal, con contidos e emisores diferentes, nun medio de transmisión compartido, que provoca unha interferencia entre as sinais facéndoas inintelixibles).

Un xeito de evita-las colisións é o emprego do protocolo CSMA/CD, moi extendido en redes Ethernet. Este protocolo detecta as colisións e fai o posible por correxilas no menor tempo posible para voltar a unha transmisión limpa e libre de erros.

As siglas CSMA/CD veñen do inglés Carrier Sense Multiple Access with Collision Detection, que traducido viría sendo Acceso Múltiple con Escoita de Portadora e Detección de Erros.

Vou tentar explica-lo seu funcionamento co diagrama de fluxo seguinte:





Fontes consultadas:





martes, 22 de enero de 2013

Formato Trama Ethernet

Empregando o programa Packet Tracer de Cisco imos comprobar que información se inclúe nunha trama de datos no formato Ethernet (que se diferencia lixeiramente do IEEE 802.3).

NOTA: podedes atopar o Packet Tracer aquí.

Imos crear unha rede simple, formada por dous equipos, mandar un ping dun deles ó outro e analizar o formato das tramas enviadas.


Ao facer a simulación do envío de ping dun equipo ó outro, vai mandar 2 paquetes, un ARP e un ICMP.




1. ¿Que campos da trama se representan no Packet Tracer?
Preámbulo , Enderezo MAC de Destino , Enderezo MAC de Orixe , Tipo de Trama , Datos , FCS


Ó que lle chamamos Datos é realmente a información que nós queremos enviar, o resto son encabezados engadidos para que o sistema saiba o que facer con eses datos.

2. ¿Que tipo de trama utiliza por defecto o Packet Tracer? ¿Ethernet ou IEEE 802.3?
Ethernet.

3. Identifica o código do campo Tipo de Trama para unha trama ARP:

A trama ARP ten un código de Tipo 0x806.





4. Identifica o código do campo Tipo de Trama para unha trama ICMP:

A trama ICMP ten un código de Tipo 0x800.








jueves, 10 de enero de 2013

Control de erros no nivel de Enlace de Datos

Exercicios sobre Control de Erros

  1. Utilizando a técnica de paridade simple par, engade ás seguintes secuencias o bit de control de paridade correspondente antes de ser enviadas polo emisor:
    1. 01110101 => Solución: 011101011
    2. 11111111 => Solución: 111111110
    3. 00011100 => Solución: 000111001

  2. Dado un receptor que utiliza o método de control de erros de paridade simple impar, identifica cales das seguintes secuencias son erróneas e cales son correctas:
    1. 01110101 => Solución: correcta
    2. 11111111 => Solución: incorrecta
    3. 00011100 => Solución: correcta

  3. Paridade de bloque. Supón que un emisor utiliza o código ASCII para transmitir a palabra “Hola”.
    1. Obtén a secuencia completa de bits a enviar tras aplicar o método de control de erros de paridade de bloque par.
H = 0100 1000 , o = 0110 1111 , l = 0110 1100 , a = 0110 0001

secuencia a enviar:
010010000 011011110 011011000 011000011 00101010


    1. Que rendemento ten esta transmisión? Entendendo rendemento como a porcentaxe de bits de información enviada entre os bits totais realmente enviados (información + control de erros)
rendemento: (32/44)*100 = 72,73%


  1. Recíbese a seguinte secuencia de bits correspondentes a unha comunicación codificada en Baudot (“.” = 1 ; “o” = 0) utilizando o método de control de erros de paridade de bloque impar: 001101 110111 001001 110111 01101:
    1. ¿Detéctase algún erro na transmisión? ¿Pódese correxir?
Sí, no 3º carácter de Baudot hai un erro no 1º bit.
Pódese correxir: o bit recibido foi un 0 e para cumprir a validación tería que ser un 1

    1. ¿Cal é a palabra transmitida?
R A F A

Se non tiveramos correxido o erro, a palabra recibida sería: RANA
    1. Que rendemento ten esta transmisión?
Rendemento: (20/29)*100 = 68,97%

martes, 8 de enero de 2013

Flags e Stuffing de Bits


Os protocolos do nivel de enlace empregan certas técnicas de corrección de erros para que non se malinterprete a información que se envía nas tramas, que vai codificada en binario.
Dúas desas técnica son o uso de bandeiras (flags) e o Stuffing de Bits.
Máis adiante xa as explicarei, agora vou poñer uns exemplos para telo eu claro antes de completa-lo artigo.

Exercicios sobre Entramado

Un protocolo de nivel de enlace orientado a bit utiliza, para resolver a función de entramado, a bandeira 01111110 xunto coa técnica de stuffing de bit. Supoñendo un formato simplificado de trama composta só polos campos Bandeira-Datos-Bandeira, resolve as seguintes cuestións de entramado:

  1. Dadas as seguintes cadeas de datos e enviar, obter as cadeas correspondentes que se transmitirán pola liña unha vez aplicada a técnica de stuffing de bit, engadindo as bandeiras e marcando claramente os bits engadidos:
    1. Datos: 011111001011111100011111111111100110111110
    2. Datos: 000000111111111100000011111111101010000000
    3. Datos: 111110011111001111110011111110010000111111

      Solución:
      a. 0111111001111100101111101000111110111110110011011111001111110
      b. 0111111000000011111011111000000011111011110101000000001111110
      c. 011111101111100011111000111110100111110110010000111110101111110

      Os díxitos en negriña e suliñados son as bandeiras de inicio e fin, e os ceros que a técnica de stuffing de bit introduce para eliminar confusións.

  2. Dadas as seguintes tramas recibidas, obter os campos de datos correspondentes aplicando a técnica de stuffing de bit, indicando os bits eliminados e retirando as bandeiras delimitadoras de trama:
    1. Datos: 0111111001111101000111110111110011011111001111110
    2. Datos: 0111111000001111101111100001111101000000001111110
    3. Datos: 0111111011111001111101010111110100111110101111110

      Solución:
      a.0111111001111101000111110111110011011111001111110
      b.0111111000001111101111100001111101000000001111110
      c.01111110111110011111010101111101001111101001111110

      Os díxitos que están en tamaño pequeno hai que eliminalos da trama de datos recibida para obter os datos orixinais.




lunes, 17 de diciembre de 2012

Conceptos básicos sobre sinais

Cando nos propoñemos montar as conexións a nivel físico dunha rede de ordenadores hai certos conceptos básicos sobre sinais que temos que ter moi claros antes de pasar a cousas máis complexas.

Imos ver unha pequena introducción ós principais conceptos que nos imos atopar. Moitos deles hanse entender mellor se comparamos o movemento ondulatorio cun xiro ó redor dun punto seguindo unha traxectoria circular fixa.


A amplitude dun movemento ondulatorio, ou elongación, podémola definir como o valor da onda (voltaxe, intensidade, ou o que sexa que representa a nosa onda) para un intre concreto. No caso dun xiro ó redor dun eixo, sería a altura (por riba ou por abaixo) á que se atopa un punto respecto ó plano horizontal que contén ó eixo. Entón, a amplitude máxima, sería o valor máximo que a amplitude pode chegar a tomar. No caso do xiro circular viría a ser o valor do radio de xiro.

A lonxitude de onda é unha magnitude que expresa a distancia que percorre a onda en cada ciclo de oscilación. Vén sendo a distancia, expresada en metros, entre dous puntos consecutivos con amplitude máxima (ou mínima).



A fase poderiamos definila coma o punto do ciclo no que se atopa a onda nun instante dado. Mídese en radiáns, que é unha medida de ángulo. Pode que o vexamos máis claro no exemplo de rotación circular, no que a fase sería o ángulo ϕ respecto do centro de xiro.

frecuencia, f, vén sendo o número de veces que a nosa onda se repite completamente por unidade de tempo, ou no caso do xiro, o número de voltas completas. Mídese en ciclos por segundo (s-1), ou hercios (Hz).

período é a magnitude inversa á frecuencia e expresa o tempo que tarda a onda en completar unha oscilación completa, o paso por cada un dos seus posibles valores nunha orde determinada. Mídese en segundos e represéntase cunha T.

O seguinte sería defini-la frecuencia angularω , que é a velocidade á que se realiza o noso movemento circular, medida en radiáns por segundo. Para o caso dun movemento ondulatorio poderiámola considerar coma a velocidade de oscilación, ou "cantidade" de onda que se percorre por unidade de tempo. Así, mentres que a frecuencia nos daba voltas/tempo, a frecuencia angular danos distancia/tempo.
Para poder face-la conversión entre fω temos que saber que unha volta completa son 2π radiáns.

Si chamamos sinusoide á representación da función seno (e tamén á propia función), entón unha función sinusoidal é aquela cunha forma que segue a da función seno, e pode ser descrita matemáticamente coma suma das funcións seno e coseno.


A fórmula matemática máis empregada para definir unha función sinusoidal é a seguinte:
f (t) = Am · sen (ω·t + ϕ)

onde f(t) é o valor da amplitude no intre t, Am é a amplitude máxima, ω é a frecuencia angular e ϕ sería a fase inicial, ou punto da oscilación no que se atopa a onda cando comezamos a medila.

Unha característica importante dos sinais sinusoidais é que son sinais periódicos, o que implica que cada certo tempo o sinal se vai repetir completamente. Cada certo tempo a onda vai volver tomar cada un dos seus valores na mesma orde.

Á hora de representar un movemento ondulatorio, as magnitudes que poñamos en cada eixo van depender  do que queiramos observar de cada vez. A representación máis habitual é a da elongación en función do tempo, na que se pode apreciar a forma da onda, a súa elongación instantánea e amplitude máxima, a fase inicial, o período, etc.


Se temos unha onda formada pola superposición de varias ondas de frecuencias distintas, pódenos interesar a representación da amplitude en función da frecuencia, que nos permitiría ver o espectro do sinal.






espectro definímolo coma a distribución de amplitudes das distintas frecuencias que compoñen un sinal. Vendo unha representación do espectro dentro dunha escala poderemos saber cal é a frecuencia mínima e a máxima que forman parte do sinal, e con isto poderemos saber cal é o rango de frecuencias no que opera, ó que chamaremos ancho de banda.

Se definimos dese xeito o ancho de banda dun sinal, entón, o ancho de banda dunha canle de transmisión sería o rango de frecuencias que esa canle pode transmitir.

E xa para rematar esta entrada, un último concepto:
ganancia é a relación entre as amplitudes que saen dun sistema e as que entran, expresada en decibelios (dB) e calculada ca seguinte fórmula:
GP (dB) = 10 · log10 ( Psaida / Pentrada )
É unha medida moi útil porque nos vai indicar en que sistemas, medios de transmisión, etc. se van producir atenuacións que nos poden facer perde-lo sinal.


Fontes consultadas:


martes, 9 de octubre de 2012

INCRUSTADO DO GOOGLE MAPS

Bueno, ten que haber de todo. Esta entrada fíxena para ver que tal quedaba unha ruta do google maps encastrada no blog.

Non se me ocorreu nada mellor que ve-la ruta para baixar dende o instituto ata o malecón de Ribeira, que soe ser onde máis sitio hai para aparcar (cando non estamos en sábado pola mañá ou nas festas de agosto)


Visualizar o mapa ampliado

VÍDEOS SOBRE O TEMA 1

Nesta entrada imos ver uns vídeos sobre a evolución das redes de datos, a topoloxía das redes informáticas e os distintos sistemas de numeración.

1.- Evolución das redes de datos

2.- Topoloxias de redes informaticas

3.- Sistemas de numeracion






Finalmente, aquí temos un traballo de clase duns rapaces de 1º de bacharelato relacionado co tema