viernes, 28 de septiembre de 2012

CODIFICACIÓN DA INFORMACIÓN

CODIFICACIÓN DA INFORMACIÓN

Á hora de transmitir información a través dunha rede, faise preciso codificala ou transformala dalgún xeito, empregando un conxunto de símbolos que despois haberá que transmitir en forma de sinais eléctricos, ondas de son ou pulsos de luz, dependendo dos medios técnicos dos que dispoñamos.
Se pensamos nas limitacións técnicas que había fai 200 anos, por exemplo, xa nos facemos unha idea de como podería ser o código empregado.

Aquí vos deixo tres exemplos de códigos empregados, para que vos fagades unha primeira idea de como foron evolucionando, cos enlaces nos que podedes ver en que consistían:

 * código Morse: é coñecido por se-lo empregado para transmitir mensaxes a través do telégrafo.




 * código Baudot: foi un código empregado sobre todo nos teletipos. Asemellábase ao Morse, pero empregaba unha lonxitude fixa de 5 signos para cada caracter a representar.



 * código ASCII: este xa nos debería sonar un pouco máis xa que na actualidade, os sistemas informáticos empregan o ASCII ou algunha versión del máis completa.



Para poder comparalos vou codificar o meu apelido (Baleirón) nestes códigos:
 * en Morse:      _... ._ ._.. . .. ._. ___ _.

 * en Baudot:     .o..o ..o.. oooo. ...o. ...oo oo..o ..ooo oo.oo

 * en ASCII (decimal):     66 97 108 101 105 114 111 110

 * en ASCII (hexadecimal):     42 61 6C 65 69 72 6F 6E



E para que vexamos o adianto que supoñen os novos códigos mirade o atraso que suporía hoxe en día usa-lo código Morse, por exemplo, no envío de mensaxes sms:




 
Fontes consultadas:
- wikipedia (Morse)
- wikipedia (Baudot)
- wikipedia (ASCII)




O PIQUE ENTRE APPLE E SAMSUNG

O PIQUE ENTRE APPLE E SAMSUNG



Cando alguén queda sen batería no móbil e pide un cargador prestado ca esperanza de que lle sirva para carga-lo seu, a maioría das veces non soe servir, e claro, a decepción nestes casos é mala de disimular, e sempre acaba saíndo o comentario de que a ver por que non se poñen dacordo dunha p*** vez para facer un cargador universal.

E a resposta que xorde é que nunca se van poñer de acordo porque cada fabricante quere conseguir unha fidelización forzada dos seus clientes, de xeito que cando mercas un móbil dun fabricante teñas que seguir voltando a el cando queiras un accesorio determinado, ben sexa o cargador, a propia batería, carcasas personalizadas, etc.

Partindo disto, púxenme a buscar novas relacionadas con colaboracións entre fabricantes, pero o primeiro co que me atopei foi o pique entre Samsung e Apple.
Chamoume a atención o do pago da multa millonaria de Samsung a Apple en moedas de 5 centavos (que resultou ser falsa), e indaguei ata onde chega esa competencia e que outras maldades se teñen feito.

Pois nesta entrada por aí van os tiros. O que segue é unha pequena cronoloxía dos últimos desacordos entre estas dúas grandes empresas, na que as datas que figuran son as de publicación da nova.



27/08/12 - Apple busca prohibir a venda de 8 productos de Samsung nos EEUU. (Trátase de distintas versións dos teléfonos intelixentes Galaxy e Droid)

29/08/12 - A guerra de patentes entre Apple e Samsung aínda non vai chegar á China

31/08/12 - Samsung acada unha victoria contra Apple no conflicto das patentes. (Un tribunal de Tokio rexeitou unha demanda presentada por Apple contra Samsung por violación de patentes)

- Xapón absolve a Samsung da demanda de Apple. (O grupo coreano non violou as patentes do seu competidor norteamericano relativas á sincronización de móbiles e ordenadores)


15/09/12 - Samsung sofre outra derrota fronte a Apple pola guerra das patentes. (A primeira derrota custoulle a Samsung 1000 millóns de dólares)

20/09/12 - Samsung ri outra vez dos usuarios de Apple. (Mentres segue a guerra de patentes nos tribunais de medio mundo, volve a guerra da publicidade. A compañía surcoreana volveu á carga cun anuncio no que fai burla dos "appleadictos")





21/09/12 - Samsung Electronics planea inclui-lo novo dispositivo iPhone 5 nas demandas por violación de patentes que puxo contra Apple nos EEUU


É moi desesperanzador pensar que a mellor estratexia para triunfar nos negocios non consiste en ter contentos ós clientes, senón fastidiar ós competidores para sacalos do medio.

A próxima entrada procurarei facela sobre colaboracións, que seguro que as hai, que traian maiores avances e non só maiores beneficios económicos.



Fontes consultadas:

elcomercio
larazon
teinteresa
eleconomista
telenoticias7
ideal
diariocritico
vanguardia
youtube (anuncio Samsung Galaxy S III)
venyve
noticias terra


P.D.: aquí vai un vídeo de cachondeo para saber si é máis resistente un iphone5 ou un samsung galaxy S3