martes, 9 de octubre de 2012

SISTEMAS DE NUMERACIÓN

SISTEMAS DE NUMERACIÓN

No traballo con redes de ordenadores utilízanse diferentes sistemas de numeración, como por exemplo o decimal para representar enderezos IP (versión 4) ou o hexadecimal para representar enderezos MAC, físicos ou de hardware. Sen embargo, a computadora internamente só utiliza o sistema binario, polo que a miúdo faise necesario realizar conversións entre diferentes sistemas de numeración.

A continuación imos traducir a binario o noso enderezo IP e o enderezo MAC.
Podemos obter esta información executando na consola os seguintes comandos:

* Windows => ipconfig/all


* Linux => ifconfig
(na distribución Ubuntu tamén se pode averiguar consultando a "información da conexión", que está na barra de menús, no icono que representa a conexión de rede (dúas frechiñas)








































A tradución dos dous enderezos a código binario sería a seguinte:

Enderezo IP en decimal:
69.51.65.241
Enderezo IP en binario:
01000101-00110011-01000001-11110001

Enderezo MAC en hexadecimal:
00:24:1D:B0:10:85
Enderezo MAC en binario:
00000000-00100100-00011101-10110000-00010000-10000101












No hay comentarios:

Publicar un comentario