viernes, 28 de septiembre de 2012

O PIQUE ENTRE APPLE E SAMSUNG

O PIQUE ENTRE APPLE E SAMSUNG



Cando alguén queda sen batería no móbil e pide un cargador prestado ca esperanza de que lle sirva para carga-lo seu, a maioría das veces non soe servir, e claro, a decepción nestes casos é mala de disimular, e sempre acaba saíndo o comentario de que a ver por que non se poñen dacordo dunha p*** vez para facer un cargador universal.

E a resposta que xorde é que nunca se van poñer de acordo porque cada fabricante quere conseguir unha fidelización forzada dos seus clientes, de xeito que cando mercas un móbil dun fabricante teñas que seguir voltando a el cando queiras un accesorio determinado, ben sexa o cargador, a propia batería, carcasas personalizadas, etc.

Partindo disto, púxenme a buscar novas relacionadas con colaboracións entre fabricantes, pero o primeiro co que me atopei foi o pique entre Samsung e Apple.
Chamoume a atención o do pago da multa millonaria de Samsung a Apple en moedas de 5 centavos (que resultou ser falsa), e indaguei ata onde chega esa competencia e que outras maldades se teñen feito.

Pois nesta entrada por aí van os tiros. O que segue é unha pequena cronoloxía dos últimos desacordos entre estas dúas grandes empresas, na que as datas que figuran son as de publicación da nova.



27/08/12 - Apple busca prohibir a venda de 8 productos de Samsung nos EEUU. (Trátase de distintas versións dos teléfonos intelixentes Galaxy e Droid)

29/08/12 - A guerra de patentes entre Apple e Samsung aínda non vai chegar á China

31/08/12 - Samsung acada unha victoria contra Apple no conflicto das patentes. (Un tribunal de Tokio rexeitou unha demanda presentada por Apple contra Samsung por violación de patentes)

- Xapón absolve a Samsung da demanda de Apple. (O grupo coreano non violou as patentes do seu competidor norteamericano relativas á sincronización de móbiles e ordenadores)


15/09/12 - Samsung sofre outra derrota fronte a Apple pola guerra das patentes. (A primeira derrota custoulle a Samsung 1000 millóns de dólares)

20/09/12 - Samsung ri outra vez dos usuarios de Apple. (Mentres segue a guerra de patentes nos tribunais de medio mundo, volve a guerra da publicidade. A compañía surcoreana volveu á carga cun anuncio no que fai burla dos "appleadictos")





21/09/12 - Samsung Electronics planea inclui-lo novo dispositivo iPhone 5 nas demandas por violación de patentes que puxo contra Apple nos EEUU


É moi desesperanzador pensar que a mellor estratexia para triunfar nos negocios non consiste en ter contentos ós clientes, senón fastidiar ós competidores para sacalos do medio.

A próxima entrada procurarei facela sobre colaboracións, que seguro que as hai, que traian maiores avances e non só maiores beneficios económicos.



Fontes consultadas:

elcomercio
larazon
teinteresa
eleconomista
telenoticias7
ideal
diariocritico
vanguardia
youtube (anuncio Samsung Galaxy S III)
venyve
noticias terra


P.D.: aquí vai un vídeo de cachondeo para saber si é máis resistente un iphone5 ou un samsung galaxy S3


1 comentario: